Exames ESA distancia

Neste curso, a avaliación os alumnos de ESA semipresencial (popularmente distancia) do Ámbito de Sociedade mantén básicamente a estrutura dos cursos anteriores, aínda que o curriculum cambiou moito no sistema LOMCE e polo tanto o contido das probas é diferente dos cursos anteriores (o profesores informaranvos):

Estrutura das probas e puntuación

En 1º e 2º ESA a proba consta de un TEST de 24 preguntas que puntúa 6 puntos (0,25 por acerto, pero cada erro desconta 0,1), e dun TEMA (4 puntos) que o alumno escollerá entre dous propostos.

En 3º e 4º, o TEST vale 5 puntos (20 preguntas 20 x 0,25 e -0,1 os erros). O TEMA, que o alumno escollerá entre dous propostos, valerá 3 puntos e haberá que facer CATRO definicións, á escolla entre SEIS, cun valor de 0,5 puntos cada unha (TEST=5, DEFINICIÓNS=2, TEMA=3).

Notas, medias e recuperacións

– Os alumnos que aproben o primeiro bimestre, farán o exame do segundo e a súa nota será a media das dúas, sempre que no segundo teñan alomenos un 3,5 (con notas inferiores non se fará media e suspéndese a asignatura completa).

– Os alumnos que suspendan o primeiro bimestre, farán o exame do segundo e a recuperación do primeiro. A súa nota será a media das dúas, sempre que aproben o segundo e na recuperación do primeiro teñan alomenos un 3,5 (con notas inferiores non se fará media e suspéndese a asignatura completa).

–  Os alumnos que no primeiro bimestre levaron un 4 no boletín (o que quere decir que a súa nota no exame era de 3,5 ou superior), non teñen que facer a recuperación se non queren (pero poden facela). Se a fan, teremos en conta as dúas notas, e do contrario farémoslles a media coa nota que tiñan no primeiro e a que saquen no segundo (con notas inferiores a 3,5 en calquera dos exames non se fará media e suspéndese a asignatura completa).

1 resposta a Exames ESA distancia

  1. Pingback: Temario ESA semipresencial sociedade | EPA Pontevedra

Os comentarios están pechados.